CRONICA DO DERBI: SD CASTRELO – CD BAIÑAS

O sábado pasado tocaba xogar no Municipal de Vimianzo o derbi Vimiancés entre estos dous conxuntos:

  • SD CASTRELO:  Iván (Miguel, min.45) – Estebo – Luís – Pichón – Mario (Marcos, min.62) – Gatusso (Borja, min.61) – Félix (David, min.75) – Roi – Estiven – Germán (Roberto, min.75) – Edreira.

– Suplentes: Miguel – Marcos – Borja – Roberto – David.

  • CD BAIÑAS: : Sergio Puto – Braulio – Luís – Héctor – Capote (Samuel, min.58) – Jaime – Iván – Esteban – Cris (Diego, min.58) – Tasky – Javi Suárez.

-Suplentes: Campos – Sancho – Samuel – Diego.

· AMONESTACIÓNS: Iván (CD Baíñas) – Pichón (SD Castrelo)

· LESIÓN: Iván (SD Castrelo)

· GOLES:  0-1, min.6: Tasky; 0-2, min.36: Javi Suárez; 1-2, min.64: Luís.

· ÁRBITRO: David Vázquez Lema.

· ENTRADA: 100 Espectadores aprox.

Este finde semana tocaba derbi. Un partido moi complicado polo bo xogo dos locales.

Foi un partido no que dominaron os dous equipo,cada un a sua parte.Na primeira fomos nos os que dominamos e Taski e Javi Suárez os autores dos nosos goles.

Na segunda foros eles os que dominaron e intentaron buscar o empate cun bo xogo e non deixando xogar os nosos.

O veterano central Luis faria o gol definitivo coque se chegaría o final do partido cun 1-2.

#SOMOS LÍDERES

SD Castrelo 1-2 CD BAÍÑAS

#AUPA BAÍÑAS

JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ

Publicado en CD BAÍÑAS | Deja un comentario

CRÓNICA DO PARTIDO REANUDADO ESTE MARTES DE CARNAVAL NO CAMPO DE ARLIÑA

Este martes de carnavales reanudouse o partido aprazado no Campo de Arliña dende o minuto 40 da primeira metade donde os nosos caeron derrotados co resultado final de 2-0.

  • MUXÍA CF: Santi Papi – Currás – Pataca – Pesqui – Sergio – Pereira – David – Iván – Jonathan.

– Suplentes: –

  • CD BAIÑAS: Campos – Sancho – Luís – Capote – Héctor – Cris – Esteban – Mario (min. 65, Diego) – Tasky – Javi Suárez.

-Suplentes: Puto – Samuel – Diego

· AMONESTACIÓNS:  Capote (CD Baíñas)

· GOLES:1-0, min.20: David; 2-0, min.55: Iván o remate tras un saque de esquina.

· ÁRBITRO: Miguel Antonio González Rey.

· ENTRADA: 300 Espectadores aprox.

Reanudabase no Campo de Arliña o partido aprazado o pasado 2 de Febreiro por unha tangana.

O mal estado do campo impedia xogar ao futbol. Os locais acostumbrados a ese campo eran mellores e nun saque de esquina Ivan Lagoa faría o 2-0 definitivo.

Con esta derrota, só son duas derrotas en liga, dous empates e trece vitorias, tan só a 4 puntos de asegurar o ascenso a 2ª Autonómica. Esperamos acadalo nas vindeiras semanas.

PÓDESE!

#VAMOS LÍDERES

Muxía CF 2-0 CD BAÍÑAS

#AUPA BAÍÑAS

JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ

Publicado en CD BAÍÑAS | Deja un comentario

CRÓNICA DA 17ª XORNADA CD BAIÑAS – SD AMEIXENDA

Encontro disputado a tarde de domingo as 16:30h no Municipal de Vimianzo coa correspondente a 17ª xornada de Liga na 3ª Autónomica.

  • CD BAIÑAS: Sergio Puto – Luís Albite (Sancho, min.76) – Braulio – Capote – Samuel (Héctor, min.81), Mario (Diego, min.62) – Jaime – Esteban – Cris – Tasky – Javi Suárez.

– Suplentes: Campos -Diego – Sancho – Héctor.

  • SD AMEIXENDA: Óscar Riolo – Iván – Javichu (Grille, min.60) – Camacho – Bruno (Brais, min.46) – José Exprés (David, min.50) – Alex – Jorge – Borja – Momaño (Jesús, min.46) – Chiru (José M. Lago)

-Suplentes:  Grille – Brais – David – Jesús – José M. Lago.

· AMONESTACIÓNS: Luis Albite – Mario – Puto (CD Baiñas)Bruno – Javier – José R. – Borja Perez – Iván Pequeño – David Carballo – Alex Trillo – David Carballo (SD Ameixenda)

· EXPULSIÓNS: José R. – Sieso (Adestrador) ambos do SD Ameixenda

· GOLES: 1-0, min.4: Tasky; 2-0, min.17: Javi Suárez; 3-0, min.41: Cris; 4-0, min.59: Capote; 5-0, min.76: Javi Suárez; 5-1, min.89: Jesús de penalti.

· ÁRBITRO: Edgar Soto Eiroa.

· ENTRADA: Pouco ambiente no Municipal con 70 Espectadores aprox.

Os nosos chegaban a este partido con ganas de revancha logo da goleada da primeira volta no campo Sampaio de Refoxos.

Comezabamos dominando e logo nos adiantariamos no marcador cun gol de Tasky.

Logo deste gol empezariamos a demostrar todo o nivel da nosa plantilla e facer un bo futbol. Os visitantes que non se facian co balon desquiciabanse e recibian moitisimas tarxetas por protestar.

O partido finiquitouse cos goles de Javi Suárez por partida doble, Tasky, Cris e Capote.

#SEGUIMOS LÍDERES

CD BAÍÑAS 5- 1 SD Ameixenda

#AUPA BAÍÑAS

JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ

Publicado en CD BAÍÑAS | Deja un comentario

CRÓNICA DESTA 16ª XORNADA DE LIGA, CO EMPATE DO CD BAIÑAS

Esta semana tocaba desprazarse a Coristanco para enfrontarse na Rocheira a SD Coristanco.

  • SD CORISTANCO: Jack (Alfredo, min.50), Marquiños, Marcos (Rubén 60), Héctor, Morientes, Rubio, Mato, Sergio (Gonzalo, min.70), Mallón (Añón, min.70), Toniño e Luís.

– Suplentes: Alfredo – Rubén – Gonzalo – Añón – Juan.

  • CD BAIÑAS: Sergio Puto, Braulio, Luís Albite, Capote, Héctor (Sancho, min.60), Cris, Mario (Andrés, min.85), Diego, Jaime, Tasky e Javi Suárez.

-Suplentes: Sancho – Andrés – Sergio – Esteban

· AMONESTACIÓNS:  Rubén R. – José Amarelle – José Facal – Rubén Botana (SD Coristanco); Cris – Mario – Sancho (CD Baíñas)

· GOLES: 1-0, min.18: Luís; 1-1, min.24: Javi Suárez á saída dun córner cun remate de cabeza; 1-2, min.60: Diego dende fóra da área; 2-2, min.89: Héctor de cabeza nun córner.

· ÁRBITRO: Luis M. Insua Lago.

· ENTRADA: 100 Espectadores aprox.

Sabíamos que era un partido moi complicado polas medidas do campo e así foi.

Dende o inicio do partido, comezamos dominando pero sen facer un bo fútbol. Tivemos algunha que outra ocasión pero os que se puxeron por diante no marcador foron eles nun contragolpe ben levado no minuto 18.

Os nosos despois deste gol buscaron o empate pero unha boa defensa dos locais entraron o empate.

No minuto 24, nun saque de esquina efectuado por Luis Albite, chegaría o empate cun remate de cabeza de Javi Suárez.

Co 1-1  chegaríase o descanso.

Na segunda metade os locais saíron moi enchufados e dominando. Os nosos non facían un bo xogo e case non creaban perigo.

Pero a sorte parecía do nosos lado e Diego no minuto 60, cun bo disparo dende fóra da área facía o 1-2.

Logo de poñernos por diante os locais dedicaronse a coglar o balón a área en busca do empate, e no minuto 89, nun saque de esquina, conseguirían o empate definitivo.

#SOMOS LÍDERES

SD Coristanco 2-2 CD BAÍÑAS

#AUPA BAÍÑAS

JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ

Publicado en CD BAÍÑAS | Deja un comentario

CRONICA DA 15ª XORNADA NESTA 3ª AUTONOMICA

Encontro disputado a tarde de domingo as 16:15h no Municipal de Vimianzo coa correspondente a 15ª xornada de Liga na 3ª Autónomica.

  • CD BAIÑAS: Sergio Puto – Sancho – Sergio (Capote, min.60) – Héctor – Samuel (Braulio, min.85) – Luís Albite – Mario (Jaime, min.59) – Cris – Diego – Javi Suárez  – Tasky (Andrés, min.65).

– Suplentes: Campos – Capote – Braulio – Jaime – Andrés.

  • SDC CORCOSTO: Edelmiro – Patelo – Longo – Germán – Miguel – Javi – Luís – Couto – Rodri – Cristian – Martín.

-Suplentes: -.

· AMONESTACIÓNS: Cris – Andrés (CD Baiñas), Luís – Martín – Edelmiro (SDC Corcoesto)

· GOLES: 1-0, min.6: Javi Suárez; 2-0, min.11: Taski; 2-1, min.23: Martín; 3-1, min.32: Taski; 4-1, min.44: Taski; 4-2, min.80: Luis Albite; 5-2, min.81: Martín.

· ÁRBITRO: Marcos Ordoñez Rodríguez.

· ENTRADA: 70 Espectadores aprox.

O partido comezaba ben para os nosos que dominaban a un rival xusto de efectivos.

Foi un partido no cal os visitantes case non tiveron o bálón. Os goles de Javi Suárez, Luis Albite e o hack-trick de Taski, sentenciaron o partido. A nota mais positiva do partido foi o debut da nosa última incoporación, Jaime Mata, procedente do Sporting Zas, o cal, xa deixou algún destello de calidade.

Corcoesto e Bainas gardando un minuto de silencio polo pai de Jorge Parri natural de Bainas

*Xogadores de ambos equipos gardaron un minuto de silencio polo facelemento do pai de Jorge Parri e tío do xogador do CD Baiñas, Sanchiño.

#SEGUIMOS LÍDERES

CD BAÍÑAS 5- 2 SCD Corcoesto

#AUPA BAÍÑAS

Publicado en CD BAÍÑAS | Deja un comentario

Hoxe comunicábamos unha triste noticia, o falecemento do pai do fotógrafo, Jorge Parri e tío do noso xogador Sanchiño.

Dende a familia do CD Baiñas, queremos darlle o noso máis sentido pésame.

Publicado en CD BAÍÑAS | Deja un comentario

CRÓNICA DA 14ª XORNADA DE LIGA

Encontro disputado a tarde de domingo as 16:15h no Cabo d’area coa correspondente a 14ª xornada de Liga na 3ª Autónomica.

  • SD LAXE: Diego Figueiras – Aarón (Adrián López, min.71) – Samuel Soneira – Jacinto Soneira – Manuel Pardo – Djamel – Manuel Saleta – Samuel Lema – Anxo González (Diego, min.71) – Santiago Veciño (Manuel Domínguez, min.74) – Elías López (Adrián Lema, min.45).

– Suplentes: Anxo Pérez – Adrián López – Diego – Adrián Lema – Manuel Domínguez.

  • CD BAIÑAS: Puto – Capote – Braulio – Sergio (Sancho, min.65) – Héctor – Luis Alvite – Mario (Samuel, min.65) – Diego – Cris – Tasky – Javi Suárez.

-Suplentes: Samuel – Sancho.

· AMONESTACIÓNS Diego Figueiras (SD Laxe).

· GOLES: 0-1, min.1: Tasky; 0-2, min.20: Tasky; 0-3, min.50: Javi Suárez; 0-4, min.53: Javi Suárez; 0-5, min.60: Capote; 0-6, min.65: Javi Suárez; 0-7, min.85: Javi Suárez, de falta.

· ÁRBITRO: José Manuel Grañas Martínez.

· ENTRADA: 150 Espectadores aprox.

No Campo de Cabo d’area, o partido comezaba moi ben porque os 30 segundos Tasky xa facia o 1-0 o rematar a gol um centro de Diego. Os locais non se facian co balón e os nosos seguiron o seu dominando e antes do descanso Tasky poñia o 2-0.

Na segunda metade a cousa foi igual e a calidade de Javi Suarez acabou coas esperanzas dos locais, o talentoso dianteiro facia 4 dos 7 goles. destacar tamen o gol de Capote que marcaba cun bo remate de cabeza.

Os nosos seguen líderes na táboa, e tras a derrota do Montelouro na Rocheira, escapabámonos a 5 puntos por diante e cun partido menos.

#SOMOS LÍDERES

SD Laxe 0-7 CD BAÍÑAS

#AUPA BAÍÑAS

JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ

Publicado en CD BAÍÑAS | Deja un comentario

NOVA INCORPORACIÓN A DISCIPLINA DO CD BAIÑAS, JAIME MATA

Dende o CD Baiñas queremos darlle a benvida a nosa última incorporación.

Tratase dun xogador moi talentoso e hábil. Esta incorporación e Jaime Mata procedente do Sporting Zas, no cal, fixo grandes tempadas e destacou no fútbol costeiro. Esperamos que sea unha peza clave para conseguir o anseado ascenso.

1005537_224541747729270_1682717317_n

Publicado en CD BAÍÑAS | Deja un comentario

COMUNICADO DO CD BAÍÑAS

Este domingo as 16:15h da tarde disputábase no campo de Arliña (Muxía) o partido:

MUXÍA CF – CD BAÍÑAS

O partido comezaba marcado polo mal estado do campo.

Os locales dominaban con claridade, pero xa comezarían co seu xogo duro, e no minuto 28, e logo de duas fortes entradas, expulsarianlle a Javi.

Esta xogada marcaría o partido.

No minuto 32, David Rey facía o 1-0 para o Muxia CF.

Despois do sucedido no partido, comezarían as agresións por parte dos xogadores locais.

O noso lateral, Héctor, recibía un codazo na boca do local Iván Lagoa, que o deixou cun corte no labio inferior e con bastante sangre, polo que o noso lateral, Héctor tivo que ser atendido no hospital.

Tamén o noso central, Sergio, recibíu un golpe dun contrario no nariz e ata deixou sangre tamén

Despois, Iván Hermida, xogador do CD Baíñas, foi amenazado polo mesmo xogador do Muxía CF, Iván Lagoa.

O local, Iván Lagoa, soltoulle un manotazo na cara o noso Iván, o cal se defendeu.

E logo desta tangana, foi cando o público local saltou ao campo e empezaron os golpes aos nosos.

FACEMOS ESTE COMUNICADO PARA DESMENTIR NO QUE HOXE APARECEU NALGÚN MEDIO DE COMUNICACIÓN.

REDATADO POR: JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ

Publicado en CD BAÍÑAS | Deja un comentario

CRÓNICA DO PRIMEIRO PARTIDO DA SEGUNDA VOLTA, NA 3ª AUTONÓMICA

Partido disputado no día de onte entre os dous candidatos o ascenso a Liga da Costa, que saíron coas seguintes alineacións:

  • CD BAIÑAS: Puto – Capote – Braulio – Luis Alvite – Héctor – Mario – Esteban (Víctor, min. 57) – Diego (Iván, min. 58) – Cris – Tasky – Javi Suárez.

-Suplentes: Víctor – Iván – Samuel – Sergio.

  • SP SEAIA: Jesús Cancela – Alexandre Carballo – David Martínez – José Carracedo (Ricardo, min. 75) – Javier Garcia – Adrián Parga (Francisco Chouciño, min. 69) – Martín Pradini – Sergio Garrido – Camilo – Daniel Vilariño (Sergio Cancela, min. 65) – Alberto Verdes.

– Suplentes: Víctor – Ricardo – Serio Cancela – Pablo Caamaño – Francisco Chouciño.

· AMONESTACIÓNS: Capote – Mario (CD Baíñas) – Javier Garcia – Alberto Verdes – Jesús Cancela – Ricardo – Alexandre – José Carracedo (SP Seaia). 

· EXPULSIÓNS: Alberto Verdes (SP Seaia).

· LESIÓNS: Esteban (CD Baíñas)

· GOLES1-0 min 2 Diego, 1-1 min 21 Camilo, 2-1 min 28 Diego, 3-1 min 35 Tasky.

· ÁRBITRONicolás Melian Otero

· ENTRADA: 200 Espectadores aprox.

Hoxe tocaba enfrontarse a un SP Seaia que viña buscando o ascenso directo dende o o seu primeiro día.

O partido comezaba de forma inmellorable para nos, xa que no minuto 2, Diego enviaba o balón o fondo das redes e facía 1-0.

Os de Malpica intentaron facer un bo fútbol e buscar o empate, e logo de varias ocasións conseguiron o empate por medio de Camilo no minuto 21.

Os nosos seguían creando perigo e no minuto 28 e por segunda vez Diego poñía o 2-1.

Os pupilos de Pato e Chambón seguiron facendo un bo xogo e no minuto 35 o capitán Tasky, poñía o 3-1 co que chegaríamos o descanso.

Na segunda metade os nosos saían moi enchufados e crearon claras ocasións de perigo.

Os visitantes intentaron facer o empate pero unha gran tarde do noso porteiro Sergio evitouno.

Para os visitantes o 3 gol antes do descanso foi definitivo, e mesmo acabarían o partido cun home menos.

Somos líderes a 9 puntos do 3º e a 5º puntos do 2º clasificado!!!

#SOMOS LÍDERES

VAMOS CD BAÍÑAS!!!

CD BAÍÑAS 3 – 1 SP Seaia

#AUPA BAÍÑAS

JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ

Publicado en CD BAÍÑAS | Deja un comentario