COMUNICADO DO CD BAÍÑAS

Este domingo as 16:15h da tarde disputábase no campo de Arliña (Muxía) o partido:

MUXÍA CF – CD BAÍÑAS

O partido comezaba marcado polo mal estado do campo.

Os locales dominaban con claridade, pero xa comezarían co seu xogo duro, e no minuto 28, e logo de duas fortes entradas, expulsarianlle a Javi.

Esta xogada marcaría o partido.

No minuto 32, David Rey facía o 1-0 para o Muxia CF.

Despois do sucedido no partido, comezarían as agresións por parte dos xogadores locais.

O noso lateral, Héctor, recibía un codazo na boca do local Iván Lagoa, que o deixou cun corte no labio inferior e con bastante sangre, polo que o noso lateral, Héctor tivo que ser atendido no hospital.

Tamén o noso central, Sergio, recibíu un golpe dun contrario no nariz e ata deixou sangre tamén

Despois, Iván Hermida, xogador do CD Baíñas, foi amenazado polo mesmo xogador do Muxía CF, Iván Lagoa.

O local, Iván Lagoa, soltoulle un manotazo na cara o noso Iván, o cal se defendeu.

E logo desta tangana, foi cando o público local saltou ao campo e empezaron os golpes aos nosos.

FACEMOS ESTE COMUNICADO PARA DESMENTIR NO QUE HOXE APARECEU NALGÚN MEDIO DE COMUNICACIÓN.

REDATADO POR: JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ

Esta entrada fue publicada en CD BAÍÑAS. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario