CRÓNICA DO PRIMEIRO PARTIDO DA SEGUNDA VOLTA, NA 3ª AUTONÓMICA

Partido disputado no día de onte entre os dous candidatos o ascenso a Liga da Costa, que saíron coas seguintes alineacións:

  • CD BAIÑAS: Puto – Capote – Braulio – Luis Alvite – Héctor – Mario – Esteban (Víctor, min. 57) – Diego (Iván, min. 58) – Cris – Tasky – Javi Suárez.

-Suplentes: Víctor – Iván – Samuel – Sergio.

  • SP SEAIA: Jesús Cancela – Alexandre Carballo – David Martínez – José Carracedo (Ricardo, min. 75) – Javier Garcia – Adrián Parga (Francisco Chouciño, min. 69) – Martín Pradini – Sergio Garrido – Camilo – Daniel Vilariño (Sergio Cancela, min. 65) – Alberto Verdes.

– Suplentes: Víctor – Ricardo – Serio Cancela – Pablo Caamaño – Francisco Chouciño.

· AMONESTACIÓNS: Capote – Mario (CD Baíñas) – Javier Garcia – Alberto Verdes – Jesús Cancela – Ricardo – Alexandre – José Carracedo (SP Seaia). 

· EXPULSIÓNS: Alberto Verdes (SP Seaia).

· LESIÓNS: Esteban (CD Baíñas)

· GOLES1-0 min 2 Diego, 1-1 min 21 Camilo, 2-1 min 28 Diego, 3-1 min 35 Tasky.

· ÁRBITRONicolás Melian Otero

· ENTRADA: 200 Espectadores aprox.

Hoxe tocaba enfrontarse a un SP Seaia que viña buscando o ascenso directo dende o o seu primeiro día.

O partido comezaba de forma inmellorable para nos, xa que no minuto 2, Diego enviaba o balón o fondo das redes e facía 1-0.

Os de Malpica intentaron facer un bo fútbol e buscar o empate, e logo de varias ocasións conseguiron o empate por medio de Camilo no minuto 21.

Os nosos seguían creando perigo e no minuto 28 e por segunda vez Diego poñía o 2-1.

Os pupilos de Pato e Chambón seguiron facendo un bo xogo e no minuto 35 o capitán Tasky, poñía o 3-1 co que chegaríamos o descanso.

Na segunda metade os nosos saían moi enchufados e crearon claras ocasións de perigo.

Os visitantes intentaron facer o empate pero unha gran tarde do noso porteiro Sergio evitouno.

Para os visitantes o 3 gol antes do descanso foi definitivo, e mesmo acabarían o partido cun home menos.

Somos líderes a 9 puntos do 3º e a 5º puntos do 2º clasificado!!!

#SOMOS LÍDERES

VAMOS CD BAÍÑAS!!!

CD BAÍÑAS 3 – 1 SP Seaia

#AUPA BAÍÑAS

JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ

Esta entrada fue publicada en CD BAÍÑAS. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario