CRÓNICA DESTA 16ª XORNADA DE LIGA, CO EMPATE DO CD BAIÑAS

Esta semana tocaba desprazarse a Coristanco para enfrontarse na Rocheira a SD Coristanco.

  • SD CORISTANCO: Jack (Alfredo, min.50), Marquiños, Marcos (Rubén 60), Héctor, Morientes, Rubio, Mato, Sergio (Gonzalo, min.70), Mallón (Añón, min.70), Toniño e Luís.

– Suplentes: Alfredo – Rubén – Gonzalo – Añón – Juan.

  • CD BAIÑAS: Sergio Puto, Braulio, Luís Albite, Capote, Héctor (Sancho, min.60), Cris, Mario (Andrés, min.85), Diego, Jaime, Tasky e Javi Suárez.

-Suplentes: Sancho – Andrés – Sergio – Esteban

· AMONESTACIÓNS:  Rubén R. – José Amarelle – José Facal – Rubén Botana (SD Coristanco); Cris – Mario – Sancho (CD Baíñas)

· GOLES: 1-0, min.18: Luís; 1-1, min.24: Javi Suárez á saída dun córner cun remate de cabeza; 1-2, min.60: Diego dende fóra da área; 2-2, min.89: Héctor de cabeza nun córner.

· ÁRBITRO: Luis M. Insua Lago.

· ENTRADA: 100 Espectadores aprox.

Sabíamos que era un partido moi complicado polas medidas do campo e así foi.

Dende o inicio do partido, comezamos dominando pero sen facer un bo fútbol. Tivemos algunha que outra ocasión pero os que se puxeron por diante no marcador foron eles nun contragolpe ben levado no minuto 18.

Os nosos despois deste gol buscaron o empate pero unha boa defensa dos locais entraron o empate.

No minuto 24, nun saque de esquina efectuado por Luis Albite, chegaría o empate cun remate de cabeza de Javi Suárez.

Co 1-1  chegaríase o descanso.

Na segunda metade os locais saíron moi enchufados e dominando. Os nosos non facían un bo xogo e case non creaban perigo.

Pero a sorte parecía do nosos lado e Diego no minuto 60, cun bo disparo dende fóra da área facía o 1-2.

Logo de poñernos por diante os locais dedicaronse a coglar o balón a área en busca do empate, e no minuto 89, nun saque de esquina, conseguirían o empate definitivo.

#SOMOS LÍDERES

SD Coristanco 2-2 CD BAÍÑAS

#AUPA BAÍÑAS

JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ

Esta entrada fue publicada en CD BAÍÑAS. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario