CRÓNICA DO ÚLTIMO PARTIDO DA PRIMEIRA VOLTA NA 3ª AUTONÓMICA, COS NOSOS PROCLAMÁNDOSE CAMPIÓNS DE INVERNO!

Partido disputado a tarde de domingo entre estos dous conxuntos que saíron coas seguintes alineacións:

  • CD BAIÑAS: Puto – Samuel – Braulio – Luis Alvite – Héctor – Mario (Víctor, min. 57) – Esteban – Diego – Cris (Andrés, min. 77) – Tasky – Javi Suárez.

-Suplentes: Campos – Víctor – Andrés – Suso.

  • UD MONTELOURO: Isma – César – Alvaro – Abel – Jose M. Rama – Edu – Pedro – Gabri (Isma Costa, min. 41) – Benjamin (Pablo Fernandez, min. 55) – José – David (Jose A. Louro, min .88).

– Suplentes: Isma Costa – Pablo Fernandez  -Jose A. Louro – Jose M. Formoso – Xabier Formoso.

· AMONESTACIÓNS: Braulio – Diego – Esteban (CD Baíñas) – Pedro – César – José M. Fernández (Adestrador) (UD Montelouro)

· EXPULSIÓNS: José M. Fernández (Adestrador – UD Montelouro)

· GOLES: 1-0 min 3 Diego, 1-1 min 72 Tasky (pp).

· ÁRBITRO: Alejandro Gesto Moral

· ENTRADA: 150 Espectadores aprox.

Comezaba moi ben o partido para nos.

Diego no minuto 3 adiantábanos no marcador logo de rematar un balón dentro da área.

Logo deste gol seguimos dominando e tocando o balón, intentando aumentar a diferencia.

Tivemos algunha que outra ocasión clara, como un remate de Tasky que o porteiro visitante desbaratou cunha intervención.

Cris tamén tivo unha clara pero un inspirado porteiro visitante volvio a sacala moi ben.

Co 1-0 chegaríamos o descanso.

Na segunda metade os papeles cambiaron e a UD Montelouro dominaba con claridade.

Tiveron eles algunha ocasión para empatar pero unha boa tarde do noso porteiro Sergio «Puto» evitou o empate.

Nos non lograbamos facernos co balón e non creabamos ningún perigo.

O empate co que acabaría o partido chegaría no minuto 72, nunha desafortunada xogada na que o balón tocaba en Tasky e entraría na nosa portería.

Logo deste empate somos campións de inverno.

#SOMOS LÍDERES

VAMOS CD BAÍÑAS!!!

CD BAÍÑAS 1 – 1 UD Montelouro

#AUPA BAÍÑAS

JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ

Publicado en CD BAÍÑAS | Deja un comentario

ESTE DOMINGO 19, PARTIDAZO DA XORNADA NA 3º AUTONÓMICA: CD BAÍÑAS – UD MONTELOURO

Este domingo no Municipal de Vimianzo disputarase o último partidazo da primeira volta desta 3º Autonómica, será un dos partidos mas importantes da Liga, onde nos enfróntamos ante o 2º clasificado e o favorito desta categoria para ascender.

Unha vez invitamos a que todo o mundo e esta afición que temos, veña animar o CD Baíñas para acadar a décima victoria da Liga e poidamos estar a 8 puntos do 2º clasificado e así seguir nos postos de ascenso directo a 2º Autonómica.

Será un partido bonito, non faltedes este domingo no Municipal!

VAMOS CD BAÍÑAS!!! 

IMG-20140114-WA0007

Publicado en CD BAÍÑAS | Deja un comentario

CRÓNICA DA 10ª XORNADA DE LIGA COA PRIMEIRA VICTORIA DESTE 2014

Esta semana tocaba volver a rutina despois do parón navideño e tocábanos visitar o campo das Fontiñas para enfrontarnos o CD Nantón.

  • CD NANTÓN: Erni – Carlos (Félix, min.68) – Eloy – Cachi (Bardanca, min.78) – Diego – Carlos Vidal (Dani Costa, min.70), David Lareu – Víctor Amado – Luís – Martín – Iván.

– Suplentes: Félix – Bardanca – Dani Costa – Álvaro Villar.

  • CD BAIÑAS: Puto – Capote – Samuel – Luis Alvite – Héctor – Iván – Esteban – Víctor – Cris (Andrés, min.70) – Tasky – Javi Suárez.

-Suplentes: Campos – Braulio – Andrés.

· AMONESTACIÓNS: Martín – Diego – Víctor Amado – David Lareu (CD Nantón), Iván – Samuel (CD Baíñas).

· GOLES: 0-1 min 33 Tasky, 1-1 min 40 Iván Moreira, 1-2 min 76 Javi Suárez.

· ÁRBITRO: Enrique Larrosa Pérez.

· ENTRADA: 100 Espectadores aprox.

Cun terreo de xogo en mal estado e no que non se podía xogar moito o fútbol, comezaba o partido e facíao se nun claro dominio.

Os nosos intentaban facer o seu fútbol e tocar pero non creaban perigo.

Os locais buscaban sempre e en cada xogada o seu dianteiro Luís, pero unha boa defensa dos nosos impedíalle poñer a proba a Puto.

Foi xa no minuto 33 cando Tasky despois dun gran pase de Cris batía o porteiro local e facía o 0-1.

Os locais buscaron o empate e conseguirono no minuto 40 cun disparo dende a frontal.

Co 1-1 chegaríamos o descanso.

Na segunda parte todo seguía igual e ningún dominaba.

Houbo varias ocasións claras como un disparo deles dentro da área que Puto sacaba moi ben.

O gol da victoria chegou no minuto 76 e foi obra de Javi Suárez despois dunha magnífica xogada individual.

#SOMOS LÍDERES

VAMOS CD BAÍÑAS!!!

CD Nantón 1-2 CD BAÍÑAS

#AUPA BAÍÑAS

JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ

Publicado en CD BAÍÑAS | Deja un comentario

CRÓNICA DA ÚLTIMA XORNADA DESTE 2013 CUNHA VICTORIA MOI IMPORTANTE PARA O CD BAIÑAS!

A tarde de domingo disputábase o último partido da tempada deste 2013 cunha victoria moi importante que nos colocaría líderes de novo, os equipos saíron da seguinte maneira:

  • CD BAIÑAS: Puto – Capote – Sergio (Sanchiño, min.73) – Luis Alvite – Héctor – Iván (Samuel, min.85) – Esteban – Diego (Andrés, min.56) – Cris – Tasky – Javi Suárez (Víctor, min.62).

-Suplentes: Campos – Víctor – Sanchiño – Andrés – Samuel

  • LIRA CF: Andrés Sanjurjo – Jose R. – Francisco J.(Santiago Maceiras, min.75) – David Carballo – Jose Formoso – Manuel Maceiras (Adrián Díaz, min.45) – Francisco González – Alexandre Cambeiro – Oliver (Víctor Cives, min.76) – Cristian Formoso (Demetrio, min.45) – Jesús González

– Suplentes: Adrián Díaz – Santiago Maceiras – Demetrio – Víctor Cives – Simón.

· AMONESTACIÓNS: Tasky (CD Baíñas) – Jesús González (Lira CF)

· LESIÓNS: Sergio (CD Baíñas)

· GOLES: 1-0 min 22 Esteban, 2-0 min 37 Javi Suárez, 3-0 min 55 Diego, 4-0 min 67 Tasky.

· ÁRBITRO: José Manuel Grañas Martínez

· ENTRADA: 100 Espectadores aprox.

Este fin de semana os nosos disputában no Municipal a 9ª xornada de liga fronte a un rival complicado que peleará por ascender a Liga da Costa.

O partido comezaba cun claro dominio do Lira CF durante os primeiros 15 min, atacaban e non saían da área local, incluso dispoñeron de boas ocasións de gol.

Pero os nosos despertaron e no min 22 un tiro de falta de Esteban directo no minuto 22 poñía o primeiro tanto para os nosos.

Despois o parecer os nosos xa foron entrando no partido con ese gol e 7 minutos antes do descanso, o noso dianteiro Javi Suárez poñía o 2-0 co que se iría o descanso.

Na segunda parte o Lira CF saía dormido e o CD Baíñas mais enchufado no partido, dispoñían de ocasións de goles.

Cando no minuto 55, Diego cun tiro, batía o porteiro do Lira CF para facer o 3-0, logo deste gol o Lira CF empezaba a facer faltas e dedícaba o partido a protestar, cando xa no minuto 67, o veterano Tasky facía o 4-0 definitivo.

Con este resultado os nosos vanse líderes as vacacións de Nadal e o CD Baíñas desexavos felices festas e un prospero ano novo que veña cargado de mais victorias e poidamos conseguir o anseado ascenso a 2º Autonómica da Liga da Costa.

#SOMOS LÍDERES

VAMOS CD BAÍÑAS!!!

CD BAÍÑAS 4 – 0 Lira CF

#AUPA BAÍÑAS

 

JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ

Publicado en CD BAÍÑAS | Deja un comentario

ÚLTIMO PARTIDO DA TEMPADA HOXE AS 17:00H E NOS PODEMOS IR AS VACACIÓNS DE NADAL SENDO LÍDERES

Tras a victoria no día de onte da UD Montelouro por 1-3 ante o Muxía CF, poñemonos 2º na táboa con 21 puntos e con un partido menos que o noso rival UD Montelouro que gañou onte por 1-3 o Muxía CF e se pon de momento líder con 22 puntos.

Hoxe os nosos queren xogan as 17:00h da tarde no Municipal de Vimianzo ante un rival difícil de bater, o Lira CF que cos número de 5 vitorias,  1 empate e tan só 2 derrotas e 3º na clasificación, o CD Baíñas intentará buscar a oitava vitoria de liga para ir as vacacións de Nadal, líder.

Os nosos contarán cos seguintes xogadores hoxe:

PORTEIROS: Puto e Campos

DEFENSAS: Samuel – Capote – Héctor- Sanchiño – Sergio e a incorporación de Luis tras estar sancionado.

CENTROCAMPISTAS: Iván – Esteban – Cris – Diego – Andrés.

DIANTEIROS: Tasky – Víctor e a incorporación de Javi Suárez tras un semana de lesión.

Hoxe os nosos contarán coas baixas de Braulio e Mario por lesión e quedouse fora da convocatoria Fernando e  Suso.

TODOS ANIMAR ESTA TARDE O CD BAÍÑAS AS 17.00H NO MUNICIPAL DE VIMIANZO!

 

C.D. Baíñas – Lira Club de Fútbol

Publicado en CD BAÍÑAS | Deja un comentario

CRÓNICA DA PENÚLTIMA XORNADA DESTE ANO CON VITORIA 0-1 PARA O CD BAÍÑAS

A tarde de sábado no campo en Xaviña de Buño enfróntabamonos ante a UD Cerqueda que saíamos cas seguintes alineacions:

  • UD CERQUEDA:  Rubén G. – Sergio Bastón (José Pena, min. 76) – Francisco Fernández – Sergio Mato – Daniel García – Elvis – Lorenzo -Fernando Piñeiro (Manuel Martínez, min.81) – Carlos Garrido (Juan Couto, min.63) – Marcos Pailos – Pablo Verdia (Xabier, min.68).

-Suplentes: Manuel Martínez – Xabier – José Pena – Juan Couto – José Esmorís.

  • CD BAÍÑASCampos – Capote (Samuel, min.13) – Sergio – Sanchiño – Héctor – Esteban – Iván – Cris – Diego (Andrés, min.82) – Víctor – Tasky.

– Suplentes: Puto – Samuel – Fernando – Andrés.

· AMONESTACIÓNS: Sergio Bastón – Sergio Mato – Pablo Verdia – Carlos Garrido – Daniel García (UD Cerqueda). Tasky – Sergio – Iván – Sanchiño – Chambón (CD Baíñas)

· LESIÓNS: Capote (CD Baíñas)

· GOLES: 0-1 min 22 Esteban.

· ÁRBITRO: Iván Yañez Muiño.

· ENTRADA: 100 Espectadores aprox.

Este fin de semana os de Pato e Chambón desprazábanse ata Buño para enfrontarse no campo de Xaviña a UD Cerqueda.

O partido comezaba cun claro dominio dos nosos, que ainda con baixas importantes como Braulio, Javi Suárez, Mario e Luis, lograban ser os donos do balón.

Facían un bo xogo e tocaban o balón sen que os locais poidesen facerse con el.

As ocasións chegaban pero non lograbamos poñernos por diante. Houbo algún que outro tiro dende fora da área pero ningún que puxera a proba o porteiro local.

Foi xa no minuto 22 cando Esteban cun disparo de falta directa, poñía o balón na escadra e facía o 0-1 co que se chegaría o descanso.

Na segunda parte saíamos o campo sen cambios pero xa non dominabamos como na primeira parte.

A UD Cerqueda saía moi enchufada pero tampouco creaban ocasións de perigo.

Tiveron algunha que outra pero cun Campos moi seguro baixo os paos, sacouas con claridade.

Xa nos últimos minutos dedicaronse a colgar balóns a área en busca do empate pero o gol do empate no lle chegaba.

E có 0-1 obra de Esteban, chegamos o pitido final.

#SOMOS LÍDERES

VAMOS CD BAÍÑAS!!!

UD CERQUEDA 0- 1 CD BAÍÑAS

#AUPA BAÍÑAS

Publicado en CD BAÍÑAS | Deja un comentario

CRÓNICA DO DERBY: CD BAÍÑAS 5 – 1 SD CASTRELO

A tarde de domingo disputábase no Municipal de Vimianzo o derby Vimiancés entre estes dous conxuntos que saían coa seguinte alineación:

  • CD BAÍÑAS: Campos – Capote – Sergio – Sanchiño – Héctor (Samuel, min.58) – Esteban – Iván – Cris – Diego – Víctor (Fernando, min.58) – Javi Suárez (Tasky, min.67).

– Suplentes: Puto – Samuel – Fernando – Tasky – Mario.

  • SD CASTRELO:  David – Marcos (Borjiña, min.46) – Mario (Chapu, min.60) – Luís – Estevo – Fran (Róber, min.75) – Félix – Gatusso – Roi – Gus – Miguel (Edreira, min.30).

-Suplentes: Patelo – Borjiña – Chapu – Róber – Edreira.

· AMONESTACIÓNS: Gato – Gus -Estevo (SD Castrelo)

· LESIÓNS: Miguel (SD Castrelo) e Javi Suárez (CD Baíñas)

· GOLES: 1-0 min 9 Javi Suárez (P), 2-0 min 14 Cris, 3-0 min 25 Cris (P), 4-0 min 37 Cris, 5-0 min 71 Tasky, 5-1 min 78 Gatusso.

· ÁRBITRO: Edgar Soto Eiroa.

· ENTRADA: 150 Espectadores aprox.

Chegabamaos a este partido baixos moral despois da derrota en Sampaio de Refoxos fronte a SD Ameixenda.

Comezamos o partido dominando con claridade, e xa no minuto 9 poñíamonos por diante, logo dun penalti provocado a Javi Suárez e que este mismo convertía en gol.

Os nosos seguían dominando e facendo un bo xogo.

Os visitantes non lograban facernos frente, nin sequera ter o balón.

No minuto 14 Cris facía o 2-0 logo dunha boa xogada dos nosos.

No 24 volvía a marcar Cris de penalti logo de provocalo el mismo e poñía o 3-0.

O Castrelo xa moi mermado polo resultado e cos xogadores un pouco desquiciados, deixabanos facer o noso xogo.

E así, no minuto 37, e completando o seu hack-trick particular, Cris faría o 4-0 cun suave disparo dende a frontal.

Con este resultado chegaríamos o descanso.

Na segunda metade e xa sen ese claro dominio dos nosos, o Castrelo buscaba o gol da honra pero este non chegaba.

E no minuto 71, Tasky recén entrado o campo, remataba a gol, un centro de Capote o segundo pao que poñía o 5-0.

Xa no minuto 78 o SD Castrelo faría o gol da honra de penalti por medio de Gatusso que poñía o 5-1 definitivo.

#SODES GRANDES

CD BAÍÑAS 5-1 SD CASTRELO

#AUPA BAÍÑAS

 

Redactada por JOSE MANUEL RODRÍGUEZ

Publicado en CD BAÍÑAS | Deja un comentario

XA PODEN VER O VÍDEO DO CD BAÍÑAS CREADO POR XABIER EIRIS

 

Publicado en CD BAÍÑAS | Deja un comentario

XA TEMOS O CADRO DA COPA DA COSTA 2014

Na tarde de hoxe no pavillón de Baio, facíase o sorteo da Copa da Costa 2014, que se empezará a disputar a previa o 29 de decembro, polo que o CD Baíñas non a terá que disputar e pasa os 16avos ante un equipo da 2º Autonómica, o Corme, que se disputará o 17 de abril do vindeiro ano.

*Poden ver o cadro completo dos partidos que se disputarán, no apartado Copa da Costa 2014.

Publicado en CD BAÍÑAS | Deja un comentario

CRÓNICA DO 6º PARTIDO SD AMEIXENDA – CD BAÍÑAS, PRIMEIRA DERROTA

As 16:00h da tarde do sábado, os nosos disputaban o 6º partido da xornada no Sampaio de Refoxos (Cee)

Os equipos saían coas seguintes alineacións:

  • SD AMEIXENDA: Óscar Bermúdez – Jose M. Lago – Ramiro – Alberto Trillo – Bruno Catro – Javier Carballo (Jorge Trillo, min. 50) – Alejandro Trillo – Brais Pérez (Demetrio, min.72) – Borja Pérez – Carlos Blanco – Diego Bermúdez.

– Suplentes: Jorge Trillo – Demetrio – Jesús M. -Iván Pequeño – Jose M. Vieites.

  • CD BAÍÑAS: Puto – Samuel – Sanchiño – Sergio – Héctor – Esteban – Iván – Cris (Mario, min 45) -Tasky – Víctor Agulleiro – Javi Suárez 

-Suplentes: Campos – Mario – Diego – Fernando.

· AMONESTACIÓNS: Alejandro Trillo, Ramiro -Bruno Castro (SD Ameixenda) – Chambón, Jose Pato, Iván, Mario (CD Baíñas)

· EXPULSIÓNS: Alejandro Trillo e Borja Pérez (SD Ameixenda) – Jose Pato (CD Baíñas)

· GOLES: 1-0 min 42  Alejandro Trillo, 2-0 min 44 Diego Bermúdez, 3-0 min 70 Alejandro Trillo, 4-0 min 77 Alejandro Trillo.

· ÁRBITRO: Adrián Pardiñas García.

· ENTRADA: 150 Espectadores aprox.

O partido comezaba cun claro dominio dos nosos que durante os primeiros minutos tiveron  claras ocasións coas que se puideron poñer por diante.

Pero como hai veces no que fútbol e inxusto e a SD Ameixenda púxose por diante no marcador cun gol de Alejandro Trillo no minuto 42.

Os nosos despois deste gol seguiron intentando facer un bo fútbol e buscar o empate, pero non chegaba porque non había forma de que o balón entrase.

No minuto 44 unha boa xogada dos nosos acababa cun disparo de Víctor Agulleiro ao longeiro e nesta xogada eles o contragolpe facían o 2-0 por medio de Diego Bermúdez.

Así chegaríamos o descanso.

Na segunda metade saímos con gañas de darlle a volta o marcador pero a boa tarde do porteiro local, impedíanos recortar a diferenza.

Eles seguían facendo o seu fútbol e en dúas xogadas puntuales, Alejandro Trillo facía dous goles co que facían o 4-0 definitivo.

Polo de momento seguimos sendo líderes empatados a puntos ca UD Montelouro.

ÁNIMO!

#SODES GRANDES

SD Ameixenda 4 – 0 CD BAÍÑAS

Redactada por JOSE MANUEL RODRÍGUEZ

Publicado en CD BAÍÑAS | Deja un comentario